Thursday 02 de May de 2024

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidres e usuariso da Coruña


A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, que tivo lugar nas instalacións de Palexco. Durante a xornada entregouse o Premio á Participación Cidadá á Cociña Económica da Coruña.

O acto tamén serviu para recoñecer o traballo das persoas asociadas, coa entrega de diplomas a aquelas que cumpren 25 anos de vinculación á entidade e a insignia de ouro ás presidentas locais con 25 anos no cargo. A programación deste Día da Amizade incluíu música e un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.

Deja un comentario